Saturday 18 de May de 2024

A Xunta colabora cos Colexios de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra e Coruña


A Xunta, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, vén de asinar dous convenios de colaboración cos Colexios Territoriais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local da Coruña e Pontevedra.

A Xunta destaca a importante labor dos interventores, secretarios e tesoreiros, coma garantía dos servizos públicos e colabora cos Colexios cunha achega de máis de 12.000 euros para financiar a estrutura de medios técnicos e materiais necesarios para o seu funcionamento.

Os membros de Cosital teñen entre as súas funcións o asesoramento legal preceptivo, o control e fiscalización interna da xestión económico-financeira e orzamentaria, a contabilidade, tesorería e recaudacións dos concellos e corporacións locais.